Dúas historias

mércores 03 setembro 2014

O mar empuxa cara a praia. As ondas alcanzan a area unha tras outra, nun desembarco monótono e sucesivo. A marea avanza e cada vez a pegada da humidade abarca máis extensión. Eu atópome preto, de pé, inmóvil. A auga clara non consegue chegar ós meus pés. Fago un sinal na area tratando de determinar o lento avance. Todo sucede lentamente nesta longa tarde. A vela dunha embarcación desprázase ó lonxe, alá no horizonte, preto do ceo. Seguramente está quieta, pero o paso do tempo faime percibir o movemento. Os raios de sol arrástranse por enriba da auga deixando un rego brillante. Uns golfiños atravesan dito rego impunemente. Desaparecen. Os meus ollos permanecen abertos agardando que emerxan novamente. E compracen o meu gusto cun chouto coordinado que os leva a mergullarse unha vez máis. Nunca ata hoxe, percibira que o mar e capaz de encherme. Sempre o sentira distante, indiferente, alleo, sen vida. Agora, na soidade da tarde, sinto a súa compañía.


                                                            *****

Na deliciosa sobremesa. Debaixo dunha fresca parra neste día caluroso, con música rock de sonido ambiente. O viño alvariño animoume de maneira expresa. A inspiración chama á porta.

Unha rubia sae por segunda vez do interior do comedor a fumar un cigarro fóra. Viste uns vaqueros axustados, sandalias e unha camiseta chamativa, coma de cor metálico. Desprende ise aroma de inaccesibilidade que a fai desexable. Na primeira, situouse fronte a min, a unha distancia calculada, de tal maneira que non me daba outra opción máis ca mirala cada vez que erguía a vista da mesa. Alí de pé, apoiada nunha mesa, con aire distante, semellando desinterés. O seu corpo permanecía inmóvil; só o brazo dereito empuxaba en ocasións, lentamente e con acerto, a man que sostiña o cigarro, ata introducilo na lixeira apertura que mostraban os seus beizos. Logo de retiralo, un mecánico movemento de cuello cara arriba, destinado a expulsar o aire, axitaba levemente a sua melena. Mentres, eu seguía comendo con total naturalidade (a procesión ía por dentro). Agora, acaba de sentar na mesa do lado... Pero de repente aparece un intruso, o seu mozo?

A camarera, unha moza nova, detense unha vez máis xunto a min. Ten esa dulzura conmovedora só apreciable na xente que ten dulzura por natureza, non artificialmente. Cheguei moi tarde a xantar. Non había sitio, estaba todo ocupado ou reservado. Pero buscou o xeito de poder atenderme. E unha vez encontrada ubicación fun, incluso, dos primeiros en ser servidos. Sempre con ise sorriso iluminando a sua cara, mostrando atención, interés.

A comida foi maravillosa, almejas a la marinera e bacalao ó forno. Acábame de traer a conta... Bueno, un día é un día. Si se poideran pagar con diñeiro istes momentos. Entón si que valía a pena ter cartos.

Remata iste agradable intre, chegou a hora de partir, estanme agardando.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado