E cando miras non é a min

luns 08 febreiro 2016

Mirándote ós ollos con insistencia intento advertir a túa verdadeira personalidade. A conversa deriva cara o innecesario relato de quen e quen. Mentres ti te descolgas con certa irritación: “estabamos no local, cruzamos as miradas, semelláchesme interesante, falamos e agora estamos eiquí. Que máis da, para que entrar noutras explicacións” Certo. Para que cargar co pesado gravame da historia de cadaquén, podendo flotar no aire liberado dos vencellos intolerables dos que estamos presos e definen a nosa existencia. [ Máis ]

Camiñamos

venres 24 abril 2015

Miro a fotografía unha vez máis. O teu sorriso en primeiro plano eclipsa tódalas formas que intentan facerse un oco no instante captado pola cámara de fotos. Todo é innecesario, materia inerte que puidera borrarse co paso do tempo, mentres ti perduras eternamente. Aí segues ti, co pelo recollido, elegante, fermosa. A túa espontaneidade dálle vida á foto, proporciónalle cor, alegría, interese... E ó fondo eu, feliz. Porque ise intre atopoume a min. Sacoume das tristezas nas que afondara, do esquecemento que me ocultara, da desilusión que me oprimía. Porque ise intre é marabilloso.[ Máis ]

Dúas historias

mércores 03 setembro 2014

Setembro, como a porta de atrás pola que saír do verán sen ser vistos. Alongamento indeterminado das noites, que van roubando protagonismo ós días, ante a mirada indiferente das cámaras fotográficas. Un viaxeiro regresa á rutina nun tren que anuncia a chegada do outono. O vento fresco preséntase cando a tarde se agacha nas sombras dos primeiros intres da noite. Outros veráns regresarán, pero non serán os mesmos.[ Máis ]

A Canda

sabado 17 maio 2014

No Día das Letras Galegas, mil primaveras máis para a lingua galega, mil primaveras máis para Galicia.[ Máis ]

Visións XXXVI

xoves 13 marzo 2014

Acciono el piloto automático de mi cuerpo. Marco el destino de mis pasos y me pongo en movimiento. Decenas de personas con sincronizados pasos caminan por delante, se cruzan, se detienen, me adelantan, me esquivan, aguardan mi paso, me miran, apartan… Cada cual transmite su fragancia, su elegancia, su mirada, lo cual acaba por dejarme desconcertado. Distintos peinados, diferentes vestimentas, multitud de colores… La calle parece un caos, pero un caos organizado. Algunos conversan, otros gesticulan, otros hablan mientras sostienen un aparato telefónico pegado a la mejilla. Hay quien se desplaza en silencio, quien agita los brazos, quien grita, quien escucha, quien come, quien bebe, quien saluda. Incluso hay personas trabajando, conduciendo, vendiendo, leyendo, escribiendo, observando. Descubro rostros felices, distraídos, confusos, tristes, emocionados, sonrientes, indiferentes. Y a pesar de todo ello logro alcanzar la meta. Ciertamente el ser humano es extraordinario. Y pensar que a diario nos empeñamos en demostrar justamente lo contrario.[ Máis ]

Visións XX

luns 23 decembro 2013

“Hai que gardar das risas para as choras” escoitáballe decir nalgún momento a un amigo meu. Nunhas datas nas que o espírito do Nadal acostumaba a dibuxar expresivos sináis de ledicia nas facianas, á vez que enchía de alegría calquera recuncho, sorprende atopar cada vez máis indiferenza na xente. Xa teño escoitado en varias ocasións a frase de “non hai felicidade”. Mostro a miña disconformidade e non obstante, insisten: “a xente non é feliz”.

Entón eu pregúntome se teño a dita de poder expresar un sorriso, que demostre que me atopo no polo oposto da tristeza. Achégome ó espello e busco ise xesto brillante que me permita espantar as miñas dúbidas. Ollo desinteresadamente para o meu rostro, o contorno da cara, o pelo corto e cada vez máis escaso, ata que afundo a mirada nos meus ollos verdes, para rematar por atoarme no negro fondo das pupilas. E esquezo o obxectivo inicial, porque seguramente non encontrei nada distinto a outras veces.

Desexaría alcanzar os meus soños; que cada un acadara os seus propósitos. Pero nas dificultades actuais quizá sexa oportuno gastar algunha das antigas risas para mitigar estas choras. Vencer á penumbra da noite que remata e agardar a un novo día no que a luz brille intensamente a cada instante, en cada bendito momento que nos toque vivir.[ Máis ]

Día alto, noite peche

mércores 30 outubro 2013

Agora que chegan os primeiros días de frío o desconcerto é xeneralizado. Ninguén contaba con el. Eu mesmo pensaba que non voltaría nunca. Sempre desexei, situándonos nos extremos, a calor fronte ó frío. Cando no verán a calor é abafante fago un exercicio de reflexión comparándoa co frío xélido, e entranme as dúbidas, pero non troco a opinión. Chegado este momento, vexo que non fai falla que baixe moito o termómetro para detestar profundamente o frío, e decantarme decididamente pola calor. Pero toca o que hai para o tempo no que estamos. Hei de me queixar entón? Escoitaba recentemente nunha película o seguinte: custa seguir enfadado cando hai tanta beleza no mundo. Ás veces sinto coma se a contemplase toda á vez. E atórdame. O meu corazón ínchase como un globo que está a punto de estalar. Pero recordo que debo relaxarme e non aferrarme demasiado a ela. E entón flúe a través de min como a chuvia. E non sinto máis que gratitude por cada instante da miña estúpida e insignificante vida” (o filme é American Beauty) Quédame un sorriso nos beizos, símbolo da satisfacción que me produce a vida, en calquera das circunstancias que ésta me depara.[ Máis ]

T-S (IV)

sabado 19 outubro 2013

Hai veces nas que atopo a inspiración nunha minúscula pinga de auga. Outras caen mares de chuvia que derivan en ríos de auga e non son quen de elaborar unha simple frase. Tal vez haia un cúmulo de circunstancias externas que me impiden alcanzar unha escritura fluída. Ese mundo que me rodea, que amordaza a miña inspiración ou quizá non sexa o suficientemente estimulante como para que surxa.

O verán foi extremadamente seco. As longas secas nunca trouxeron froito, aínda que sí poideron conducir cara a reflexión. Pero chegou un momento no que o verán se voltou murcho e as nubes arrastráronse dende o horizonte a través do ceo para instalarse enriba nosa. E agora chove abundantemente. A auga despréndese das nubes sen temor e encharca a terra sedenta. E todo volta a xerminar. Supoño que será un bo sinal.[ Máis ]

T-S (III)

xoves 25 xullo 2013

A dor vóltase inexplicable cando ven derivada de nefastos sucesos imprevistos. Chegar a Santiago de Compostela para tal día coma hoxe. Ou non chegar. Quedarse ás portas para non chegar nunca. Vidas que xa non verán máis luz. Vidas que quedarán marcadas pola desgraza para sempre. Vidas que recordarán a outras desaparecidas nesta data, nese cruel accidente de tren. No desarraigamento no que quedan esas familias ausentes de seres queridos. Na incomprensible fatalidade que nos depara ás veces o destino. No desacougo imparable. Na tristeza infinita. Ogallá fose posible voltar atrás e modificar calquer detalle que evitara o sucedido.

Pero a vida segue. E sempre que a claridade se deixa entrever detrás das montañas do horizonte, na mañá de cada día, sabemos que un novo sol de esperanza alumeará os nosos pasos por dificultosos e desalentadores que sexan. A todos aqueles que están sufrindo a causa deste accidente, deséxolles que atopen canto antes esa luz que alivie tanta pena. Ánimo![ Máis ]

T-S (II)

xoves 04 xullo 2013

Hoxe entereime, a través do doodle de google, que se cumprían 130 anos do nacemento de Franz Kafka. Non lle daría a menor importancia se non fora porque fun, e aínda son, un entusiasta lector dos seus libros. Esa óptica aparentemente irreal das situacións que describe ensinoume que as cousas pódense ver desde diferentes perspectivas. Resúltame conmovedor o feito de que era capaz de narrar e manter ó lector entretido facendo referencia a situacións de escasa importancia. A ademáis, trala lectura das súas novelas percibo que tiña que ser unha persoa cunha enorme intelixencia. Unha pena que falecera tan novo. Aínda recordo o desconcertado que me deixou o final da novela “El Castillo”. Relín o final varias veces. Posteriormente deime de conta que se trataba dunha novela inconclusa. Vaia para el esta mostra da miña admiración.[ Máis ]

T-S (I)

martes 04 xuño 2013

Recordos que me inundan ante imaxes do pasado. Dun pasado recente ó que acudo aínda a miúdo, para mitigar a angustia diaria que a veces me inquieta. Imaxes que daba por esquecidas, evocadoras de situacións que quixera pechar nunha gaiola, para que nunca fuxiran voando, para poder telas sempre conmigo. Recordos que me traen soños, soños que me espertan na noite, noite a cal poño fin no desexo revitalizador dun amañecer despexado e cheo de luz.

Porque na indixencia que asolaga os pobres montes queimados, entre as laxes, sen apenas terra e humidade, emerxen elegantes flores de beleza inigualable, que se erguen en multitude de cores e formas, capaces de seducir ás máis esixentes miradas. Porque estas flores á luz dunha mañá calquera da primavera, tal vez sexan un sinal, un indicio evidente dalgún comenzo.[ Máis ]

Nas Teixugueiras

luns 11 febreiro 2013

Ollando para o ceo nesta noite despexada de inverno. O universo é extraordinario. Puntiños de luz con maior e menor intensidade de brillo, repartidos cun criterio descoñecido, cautivan a miña mirada. Estrelas, planetas, satélites... Incluso outras galaxias coñecidas, e as que haberá que se descoñecen. Onde estará o cabo do universo ou de qué formará parte? Síntome tan miúdo ante esa inmensidade indefinida.

 

Baixo a mirada, inmóvil, excéptico, solitario. Arredor só hai escuridade. A luz desprendida por algunha farola que hai preto trata de definir sombras imprecisas. Os ollos do universo míranme agora a min, observando a miña insignificante presencia neste planeta absurdo.[ Máis ]

O tempo

martes 04 decembro 2012

Onte foi un día triste. Atopábame aturdido, desubicado. Sentín a necesidade de dar un paseo a través do bosque, en solitario, a pesar do intenso frío. Quería sentirme alleo á xente, purificarme na natureza. Non foi moito, pero de algo valeume.

 

Síntome valeiro; por momentos cansado diste vivir angustioso, indiferente. Teño ganas de facer algo distinto, de avanzar noutro sentido diferente ó actual. Pero antes hei de desterrar este desánimo que por momentos me asusta. Hai tantas cousas por facer, pero fánseme tan grandes. De todos modos, cada vez que escribo, síntome reconfortado, e vexo como regresa a min a ilusión. Hoxe xa recuperéi bastante.[ Máis ]

Visións XXXII

domingo 14 outubro 2012

Todo tan preto á vez que tan lonxe. Como cando diviso a lúa a uns poucos kilómetros, inmóvil, inmensa, inquietante, parcialmente tapada pola liña fina que delimita o contorno do horizonte. Desprázome vertixinosamente desexando alcanzar ese horizonte para poder tocala, acariciala. Pero ese horizonte trae un novo horizonte, máis lonxe, con multitude de puntiños de luz derramados na noite, sementados nese espazo amplio ó alcance da miña mirada, que me distraen. A lúa parece alonxarse camiño do ceo. Distante, esquiva, indiferente. E renuncio á miña ousadía; desisto. E camiño a tentas na noite evitando tropezar. E nesas percibo que a lúa me segue, alá onde vou, ollándome dende o ceo, iluminando a miña senda. E na súa compaña instálase en min un sentimento especial. Sinto o seu agarimo, a súa comprensión. Sinto a súa presencia. Síntoa tan preto e tan lonxe...[ Máis ]

II

domingo 16 setembro 2012

Antes, na miña adolescencia, cada vez que chegaba setembro sentía que algo se me escapaba. O verán que deixaba atrás íase, abandoabame e deixábame só, á intemperie dunha nova estación melancólica. Era o momento máis triste do ano. Regresaba a rutina dos estudios; quedaba atrás a euforia de días e noites sen horarios, sen control. Agora teño a impresión de que setembro é un mes benvido. Reencontros tras períodos vacacionáis, rutinas que semellan implicar descanso, e novas perspectivas, nun intento de voltar a empezar. Miro pola ventana, ó levantarme á mañá, e dígome: “cada día é máis noite”, observando como cada vez amañece máis tarde. Certamente, un xogo de palabras que da lugar a distintas interpretacións.[ Máis ]